viernes, 15 de junio de 2012

AS VIAXES DE ULISES

A Formación de Usuarios deste ano contou coa colaboración do Departamento de Latín e eleximos unha temática que tiña que ver co proxecto da biblioteca: o mar.
Escollemos as viaxes de Ulises como fío conductor da sesión para alumnos de 1º da ESO. Se queres saber como foi a nosa viaxe preme aquí.

Para ver as pistas do xogo preme aquí.
POEMAS DO MAR
O luns 30 de xaneiro e o venres 3 de febreiro o alumnado de 2º de BAC baixou a biblioteca para ler unha selección de poemas sobre o mar. Escolleron poemas de Manuel Antonio, Alberti e Whitman. Se queres ver a nosa selección e máis fotos preme aquí.

ENTROIDO "PEIXEIRO" 2012

No carnaval do 2012 a biblioteca e o seu proxecto sobre o mar inspirou algúns disfraces do equipo docente. Para ver máis fotos preme aquí.

PROXECTO DO MAR: DA ESCRAVITUDE AO JAZZ

PROXECTO DO MAR: DA ESCRAVITUDE AO JAZZ
O proxecto da Biblioteca sobre o mar pon en marcha un novo traballo. Esta vez implica a todo o alumnado de 4º ESO (PDC incluído).O noso obxectivo é analizar as consecuencias culturais que un feito tan concreto como a escravitude (e o tráfico de poboación negra hacia Estados Unidos) tivo a nivel cultural: o nacemento do blues e o jazz.
Por iso, comenzamos cun traballo sobre a perspectiva histórica realizado e presentado polos alumnos de 4º PDC. Preme aquí para ver o powerpoint e o vídeo.
Africa, continente orixe da población escrava negra.
América, continente destino.
Os traficantes nos barcos negreiros de intermediarios e ……..
O mar, o mar , o mar poderoso Atlántico testigo excepcional destes acontecementos, lembrados agora e nunca esquecidos. A sesión seguinte consistiu na proxección da película Amistad de Steven Spielberg. 
Durante o terceiro trimestre traballouse na procura de información sobre as diferentes manisfestacións da cultura do jazz. O resultado aquí.

VÍDEOS DA ESCRAVITUDE






MAR TRIVIAL FLORIANI
Este trimestre puxemos en marcha un concurso cultural coa temática do proxecto da Bilioteca deste ano: o mar. Está dirixido a toda a comunidade educativa coa participación da maioría dos Departamentos Didácticos. Se queres saber en que consiste preme aquí.
As preguntas da próxima semana son.


BUSCA DOCUMENTAL SUBMARINOS

O NOSO PROXECTO DO MAR EMPEZOU CUNHA ACTIVIDADE DE BUSCA DOCUMENTAL NA BIBLIOTECA. GUIAMOS AO ALUMNADO A BUSCAR INFORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE OS SUBMARINOS. PARA VER OS POWERPOINTS PREME AQUÍ.